Sobre min

Nacín en Vigo e o meu amor pola lingua levoume a estudar o Grao en lingua e literatura españolas na Universidade de Santiago de Compostela. Alí descubrín a miña paixón polas linguas extranxeiras e a literatura universal e tomei a decisión de continuar cos meus estudos con dous másteres relacionados cos estudos literarios e a pedagoxía.
En canto tiven ocasión, marchei a vivir á cidade de Kassel (Alemaña) durante tres anos onde traballei no mundo da ensinanza de ELE tanto a nivel público como privado. Alí xurdiron os meus primeiros traballos para editoriais.
Xa de volta en Galicia comecei a traballar como docente de alemán como lingua extranxeira (DaF) como autónomo (co meu proxecto Das kommt mir Spanisch vor) ou como empregado noutros centros educativos. Destas experiencias naceron as primeiras de traducións de textos do alemán ó castelán/galego.
Paralelamente escribín durante 6 anos no meu blog Palabra de Gatsby sobre todos aquelas obras que me apaixonaban. Esta ocupación permitiume o privilexio de ser xurado nos premios literarios máis importantes de Galicia: o Premio Vicente Risco de Creación Literaria, o Premio Xerais de Novela e o Premio Xerais de Literatura Xuvenil.
Desde 2018 trabajo ininterrompidamente ofrecendo unha gran diversidade servizos lingüísticos a profesionais, particulares e empresas tanto en España como en Alemaña.
Formación lingüística

A miña afección principal é a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Este aspecto facilita o meu traballo como docente, corretor e traductor.
Aínda que alemán, galego e castelán son a miña especialidade será un pracer dirixirme a ti e atender as túas necesidades noutras linguas.
-
Galego (Nativo)
-
Castelán (Nativo)
-
Alemán (C2)
-
Italiano (C1)
-
Inglés (B2)
-
Portugués (B1)
-
Catalán (A2)
-
Japonés (A2)